Documentos en galego
O Movemento Comunista Internacional está en crise e a súa reactivación pasa necesariamente pola loita de dúas liñas en torno ás problemáticas da Liña Xeral da Revolución Proletaria. O Plan de Reconstitución do Partido Comunista que aplicamos sitúa como chave fundamental deste proceso a recuperación do marxismo como teoría de vangarda a través do Balance do Ciclo de Outubro. Por isto, a reconstitución ideolóxica e política do comunismo é unha tarefa obxectiva internacionalista, porque abrangue a experiencia revolucionaria do suxeito revolucionario ao longo e ancho do planeta e porque o seu desenvolvemento demanda o compromiso militante do proletariado consciente de todos os países.
Como parte da loita pola reconstitución comunista, e co obxecto de impulsar o estudo e debate entre a vangarda internacional da nosa clase, os comunistas revolucionarios do Estado español traballamos na difusión do marxismo da nosa época en diferentes linguas. Aquí ofrecemos o resultado deste esforzo colectivo.
Documentos en galego reintegrado
O Movimento Comunista Internacional está em crise e a sua reativaçom passa necessariamente pola luta de duas linhas em torno as problemáticas da Linha Geral da Revoluçom Proletária. O Plano de Reconstituiçom do Partido Comunista que aplicamos situa como chave fundamental deste processo a recuperaçom do marxismo como teoria de vanguarda através do Balance do Ciclo de Outubro. Por isto, a reconstituiçom ideológica e política do comunismo é umha tarefa objetiva internacionalista, porque abrange a experiência revolucionária do sujeito revolucionário ao longo e ancho do planeta e porque o seu desenvolvimento demanda o compromisso militante do proletariado consciente de todos os países.
Como parte da luta pola reconstituiçom comunista, e com o objeto de impulsar o estudo e o debate entre a vanguarda internacional da nossa classe, os comunistas revolucionários do Estado espanhol trabalhamos na difusom do marxismo da nossa época em diferentes línguas. Aqui oferecemos o resultado deste esforço coletivo.